Banner Transgalaica 20 Anos
20 ANOS
FORXANDO CAMPIÓNS
MARATÓN MTB SERIES
GALICIA
Transgalaica News Ticker
Transgalaica 20 años
AMES
SILLEDA
COTOBADE
FRIOL
MANZANEDA
CIRCUITO XCM GALICIA
Transgalaica 20 años
AMES
SILLEDA
COTOBADE
FRIOL
MANZANEDA
CIRCUITO XCM GALICIA
Transgalaica – Historia e Legado
REXISTRO HISTÓRICO

2006 — 2026 20 ANOS DE LEGADO

Referente Peninsular

En 2006, en Gondomar, comezou a aventura dun circuíto que hoxe é referencia indiscutíbel: a Transgalaica. Dende aquela primeira edición, esta Copa converteuse na escola de MTB, na «medida de todas as cousas» para o ciclismo de montaña do noroeste.

20 anos de historia ininterrompida, un caso único en toda a Península. Dúas décadas nas que adestramos, competimos, vivimos e compartimos a esencia da Transgalaica.

Filosofía e Territorio

A nosa traxectoria susténtase nunha filosofía baseada na alta exixencia deportiva, na calidade técnica dos trazados e na posta en valor constante dos territorios onde se desenvolve cada proba.

Apostamos por un formato que permitiu a miles de bikers vivir a experiencia de competición con máxima fiabilidade organizativa e respecto polo medio natural.

«O circuíto foi testemuña do nacemento de figuras como Javier Busto, Susana Alonso, Brandán Márquez ou Luis Leão Pinto. Referencias que hoxe son lendas do noso BTT.»

Standard de Calidade

Hoxe, o circuíto segue máis vivo que nunca. Os 100 primeiros dunha Transgalaica representan o máis alto nivel do XCM actual na península.

Cada proba é un desafío organizativo e deportivo, onde mantemos un standard á altura da exixencia da nosa historia e dos nosos bikers.

Excelencia Técnica

Miramos cara adiante coa mesma ilusión: consolidar o circuíto como o principal formador de talento e referencia absoluta para a elite. O futuro da Transgalaica é un compromiso coa excelencia e a disciplina deportiva.

Sedes Históricas (2006-2026)
Gondomar Cotobade Ames Silleda Manzaneda A Estrada Friol Monforte Vigo
SABER MÁIS SOBRE A CATEGORÍA →
Scroll al inicio