Banner Transgalaica 20 Anos
20 ANOS
FORXANDO CAMPIÓNS
MARATÓN MTB SERIES
GALICIA
Transgalaica News Ticker
Transgalaica 20 años
AMES
SILLEDA
COTOBADE
FRIOL
MANZANEDA
CIRCUITO XCM GALICIA
Transgalaica 20 años
AMES
SILLEDA
COTOBADE
FRIOL
MANZANEDA
CIRCUITO XCM GALICIA
Transgalaica – Pasado, Presente e Futuro

01. RAÍCES DUNHA ESCOLA

En 2006, en Gondomar, comezou a aventura dun circuíto que hoxe é referente peninsular: a Transgalaica. Dende aquela primeira edición, esta Copa converteuse na escola de MTB, na «medida de todas as cousas» para o ciclismo de montaña do norte.
Xeración tras xeración, aquí medíronse cos mellores. Os primeiros gañadores, Manuel Sánchez e Marina González, e logo nomes como Javi Busto, Susana Alonso ou Brandán Márquez, forxaron unha historia chea de rivalidades e momentos míticos.

02. LEGADO CON ORGULLO

Durante 20 anos, non construímos só calendarios, senón unha cultura: a cultura Transgalaica. Unha cultura de esixencia, de respecto polo terreo e polo rival.
Democratizamos o maratón, apostando por un formato de circuíto que permitiu a decenas de miles de bikers vivir a experiencia, co paso por meta aos 30 km e a posibilidade de seguir se o corpo o pide.

03. PRESENTE CON PAIXÓN

Hoxe, o circuíto segue vibrando. Os 200 primeiros dunha Transgalaica son xente que «anda ben» sempre. Cada carreira é un espectáculo de nivel alto, cunha fiabilidade e seguridade que só dá unha organización consolidada.

04. FUTURO CON VISIÓN

Miramos adiante coa mesma ilusión: 20 anos máis de formación e disciplina. Buscamos consolidar este circuíto como formador de talento e referencia para a elite da península. O futuro de Transgalaica é un proxecto de longo percorrido.
Scroll al inicio